HomePolíticaO PSOE de Taboada presenta a súa candidatura

O PSOE de Taboada presenta a súa candidatura

A candidatura socialista de Taboada defínese como renovada e interxeneracional co obxectivo de impulsar o concello e “saír da desidia e inacción do PP e do seu alcalde."

Publicado o

- Advertisement -

O candidato do PSOE á alcaldía de Taboada, Roi Rigueira, presenta ás persoas que integran a lista dos socialistas para as próximas eleccións municipais. Rigueira asegura que se trata dunha candidatura totalmente renovada e interxeracional, “que representa ao conxunto da sociedade, coa ilusión de darlle ao Concello o impulso que necesita para saír da desidia e inacción do PP e o seu Alcalde”.

Roi Rigueira destacou que a lista conta con gandeiros, xubilados, profesionais sanitarios, carteiros, administrativos ou traballadores do Estado, entre outros, e subliñou que “a candidatura ten moita presenza social, ao formar parte deles, de entidades deportivas, culturais, de montes veciñais de man común…e coñecen moi ben as demandas e prioridades do municipio”.

Acompañan a Roi Rigueira Agromartín; Abel Fernández Rigueira, Mónica Dafonte Portomeñe, Roberto García Vázquez, María José Poyán Lamela, Fernando Rodríguez Moure, Pamela López Fernández, Paula Gómez Gómez, Juan Carlos Moure Viana, José López Rodríguez, Roberto Jaime Noguerol Rodríguez, Víctor José Fernández Frías, Sara Rey Garea e José Antonio Gayoso Fernández.

ÚLTIMAS

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...