HomePolíticaMellorar a circulación de vehículos e o seu aparcamento, demandas de Esperta...

Mellorar a circulación de vehículos e o seu aparcamento, demandas de Esperta Monforte

Segundo Esperta Monforte se a Policía Local fixera cumprir a normativa, non se sucederían os problemas de tráfico que se dan na cidade.

Publicado o

- Advertisement -

Esperta Monforte presentou varias mocións no concello nos últimos anos para solucionar problemas de circulación e de aparcamento, pero aseguran que o goberno local non lles fixo caso ás súas propostas e non se adoptou ningunha medida. Enganden “A xente pode aparcar o seu vehículo onde o considere porque sabe que non van a ser multados.”

Dende EspertaMonforte! denuncian “o nulo traballo que leva a cabo o actual mandatario con respecto ó aparcamento en Monforte. Non se pode seguir tolerando que os coches privados poidan estacionar onde queiran impedindo acceso a rúas, acaparando parte das beirarrúas como aparcamentos ou usando zonas reservadas para xente con mobilidade reducida.”

Ao referirse aos problemas de tráfico na cidade, engaden os excesos de velocidade que se suceden polas rúas monfortinas e que están a provocar atropelos de viandantes de xeito continuado. Nos dous últimos anos faleceron 3 persoas por atropelos, o que leva a Esperta Monforte a demandar máis vixilancia tanto no aparcamento de vehículos como no tocante á velocidade.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...