HomePolíticaO conselleiro Francisco Conde na presentación do PP da Pobra do Brollón

O conselleiro Francisco Conde na presentación do PP da Pobra do Brollón

A candidatura do Partido Popular, encabezada por Fernando Parada, presentouse nun acto público no que estiveron acompañados por Carlos Armesto, secretario xeral do PP lucense, e por Francisco Conde, conselleiro de Economía e Industria.

Publicado o

- Advertisement -

Os populares da Pobra do Brollón aproveitaron o mitin para expoñer o seu programa electoral e para dar a coñecer aos membros da lista para as eleccións municipais, lista que din ter renovado nun 33% para a ocasión.

Respecto ao programa de goberno, apostan pola creación dun polígono industrial, a implantación dun obradoiro de emprego e potenciar o turismo coa construción dun albergue de peregrinos e a promoción do Camiño de Inverno e outras rutas que hai no concello.

Fernando Parada tamén nomeou a necesidade de “avanzar na construción da residencia de maiores que o Goberno socialista da Deputación Provincial prometera para este mandato, pero para a que que non vimos nada feito”, e comprometeuse a “completar a rede de saneamento para que chegue a tódalas parroquias e núcleos de poboación”.

O candidato popular tamén avanzou como medida de cara á vindeira lexislatura o compromiso de ofrecerlle colaboración ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para conseguir que poidan fichar sen necesidade de pasar pola Casa do Concello.

Noutra orde de cousas, destacou o compromiso do Goberno de Feijóo cos pobrenses, enumerando os investimentos realizados por importe duns 72.000 euros para o arranxo do colexio e da aula de informática. Reivindicou tamén a importancia da apertura, con cargo á Xunta, da casa niño que atende a 6 nenos/as do municipio de forma gratuíta, e enumerou outras achegas do Goberno galego para a mellora de elementos de interese turístico.

En canto á lista, os integrantes que a compoñen son estes:

  1. Fernando Parada Veiga
  2. Pedro Rodríguez Rodríguez
  3. Manuel Carballeira González
  4. José Luis Álvarez Álvarez
  5. María Teresa Martínez Enríquez
  6. Jesús Roberto Losada Rodríguez
  7. Melchor Casas Casares
  8. Alejandro Parada Pereiro
  9. David López Goyanes

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...