InicioPolíticaO PP de Folgoso do Courel homenaxea ao compañeiro falecido, Manuel Sánchez

O PP de Folgoso do Courel homenaxea ao compañeiro falecido, Manuel Sánchez

A candidata á alcaldía de Folgoso do Courel, Lola Castro, anuncia que se revalida a alcaldía, adicará a vitoria ao compañeiro de partido falecido, Manuel Sánchez

Publicado o

- Advertisement -

O PP xa utilizou como telón de fondo da foto da candidatura o monolito que leva o nome de Manuel Sánchez, a modo de homenaxe e recoñecemento aos seus anos de dedicación á política e aos veciños.

O PP presenta como eixos destacados do seu programa, se revalidan responsabilidades de goberno, a construción dun centro da terceira idade, o mantemento dos dous centros médicos e recuperación das gardas nocturnas para que “xunto co servizo de 24 horas de ambulancia quede cuberto servizo sanitario”. Tamén aseguran que non se esquecerán do desenvolvemento integral da axuda a domicilio.

En materia de infraestruturas anuncia que seguirán reclamando para que a Deputación de Lugo acometa a mellora da estrada que vai de Seone a Pedrafita. Tamén anuncian que levarán a cabo o acondicionamento da travesía principal dende o edificio multiusos ata a Casa do Concello, un plan de mantemento dos camiños municipais, da rede de saneamento e de abastecemento de auga, a continuación da tramitación do PXOM e a dotación de maquinaria ao persoal municipal para afrontar os traballos que se lles encomenden dende a entidade local.

Aseguran os populares que apostarán pola recuperación de soutos e a comercialización da castaña e do mel baixo a marca rexistrada de Concello de Folgoso do Courel e Folgoso de Courel. Asemade, porán en marcha a recente declaración de Xeoparque Montañas do Courel e intensificarán os trámites para ser Municipio de Interese Turístico.

Aseguran que porán en valor o río como atractivo turístico; traballarán para a construción de áreas de baño e pistas deportivas; manterán aberta a Aula da Natureza e colaborarán coa Estación Biolóxica en todas as súas actividades; intensificarán o apoio ás festas tradicionais; rehabilitarán antigas escolas e restaurarán o muíño da Veiga e outros elementos representativos e emblemáticos desta localidade.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...