HomePolíticaCentro de día e activación do polígono, proxectos do PSOE de Taboada

Centro de día e activación do polígono, proxectos do PSOE de Taboada

O candidato socialista, Roi Rigueira, centrou o seu mitin nestes dous temas reprochando a desidia do alcalde do PP e falou tamén falo de transparencia e participación cidadá.

Publicado o

- Advertisement -

Rigueira subliñou a necesidade da construción e posta en marcha dun centro de día para os maiores de Taboada para “o impulso do benestar social dos veciños e da economía, pois ademais de ofrecer atención profesional diaria, co centro de día xeraremos empregos directos no noso municipio. Este será un dos nosos proxectos clave para facer fronte ao despoboamento demográfico, acadando un rural vivo e dinámico, no que se poida vivir, traballar e ter futuro”.

Abondando no eido da asistencia social o candidato do PSOE destacou que reforzarán o SAF ampliando o número de horas para atender a demanda actual.

Respecto á posta en marcha do polígono industrial  para dinamizar a economía a intención de cara á nova lexislatura dos socialistas é “desbloquear a actual situación e aproveitar o terreo existente para favorecer o asentamento de novas empresas ou a ampliación das existentes”.

Outros temas que puxo enriba da mesa o candidato socialista foron a transparencia e a participación cidadá. Roi Regueira destacou a importancia de que o Concello de Taboada estea ao servizo da veciñanza ofrecéndolles a posibilidade de participar na elaboración de orzamentos e indicou que “imos acabar coa desidia e a falta de interese do Alcalde do PP, que durante estes 10 anos non fixo nada porque Taboada avanzase. Seguimos igual. Estancámonos”.

No mitin, o candidato Roi Regueira estivo arroupado polo Secretario Xeral do PSOE na provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, a Deputada Provincial de Lugo, Pilar García Porto, e a Deputada Provincial de Pontevedra, Isaura Abelarias. Santos Ramos, na súa intervención puxo en valor os 2 millóns de euros achegados dende o Executivo Provincial.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...