HomeEconomíaMonforte, incluído no Eixo Atlántico

Monforte, incluído no Eixo Atlántico

Bruxelas aproba a incluisón da liña ferroviaria A Coruña - Vigo - Ourense - Monforte - O barco - Palencia

Publicado o

- Advertisement -

Bruxelas acaba de ratificar a inclusión de Monforte no Eixe Atlántico. Desta forma, a liña ferroviaria  A Coruña – Vigo – Ourense – Monforte – O Barco – Palencia formará parte dun proxecto que levaba anos riba da mesa e no que Carlo Secchi e Alfredo García prometeran investir os seus esforzos ata acadar este resultado como xa informara o XdL.

Esta decisión é de de vital importancia, non só pola competitividade para os portos galegos, senón tamén polo impulso económico que lle achegará ó interior de Galicia.

Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo recalcou a importancia desta decisión e do traballo integrador do alcalde do Barco, Alfredo García, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a Deputación de Lugo. Tamén destacou a labor de empresarios, sindicatos, organizacións cívicas, medios de comunicación e un amplo espectro de entidades tanto galegas como do Bierzo.

Logo desta decisión, o seguinte paso é transmitirlle ó novo goberno a necesidade de axilizar os prazos ó máximo e monitorizar o cumprimento dos mesmos.

Esta decisión deberá de ser ratificada nun trámite habitual polo Consello Europeo de Ministros e polo Parlamente Europeo no prazo máximo de un ano, coa previsión de que o Parlamente o deixe xa aprobado antes da súa disolución no 2019.

RECLAMACIÓN DE GALICIA

Esta era unha demanda de todos os grupos con representación no Parlamento galego, así como da Xunta de Galicia, alcaldes de municipios polos que atravesa a liña e entidades como o Eixo Atlántico.

A Xunta celebra esta incorporación, do mesmo xeito que Asturias e Castela e León, que impulsaron conxuntamente esta petición nunha declaración institucional asinada en Santiago en outubro de 2017.

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, mostrou a súa “gran satisfacción” por este avance, que considera un “elemento crave” para a competitividade e o tecido empresarial.

O Goberno galego valora que así se garantirán fondos comunitarios para a modernización da liña de ferrocarril de mercadorías a través do mecanismo de financiamento ‘Conectar Europa’.

O trazado do corredor atlántico de transporte incorporará e priorizará a conexión ferroviaria dos portos marítimos e centros loxísticos de Vigo, A Coruña, Xixón e Avilés, a través de Palencia, León, Monforte e Ourense.

Respecto diso, o Eixo Atlántico remarca que con esta decisión “cúmprese un dos obxectivos” polos que leva traballando “desde hai unha década”. Resalta a “importancia” para a “competitividade” dos portos galegos, que poderán “pór as súas mercadorías en toda Europa en tempos competitivos”, así como o “impulso económico que lle achegará ao interior de Galicia”.

Sobre este extremo, Eixo Atlántico reclama que “dunha vez por todas se cree o porto seco de Monforte”, á vez que chama a axilizar os tempos para a posta en marcha deste corredor e a mellorar as infraestruturas galegas.

Pola súa banda, a eurodeputada do BNG Ana Miranda subliña que o feito de que A Coruña e Vigo “estean incluídas no corredor atlántico era o lóxico desde o minuto cero”.

A continuación, Miranda lembra que esta proposta aínda non está aprobada, a falta do Consello e o Parlamento Europeo, polo que podería sufrir cambios. Por iso, asegura que o Bloque “seguirá facendo toda a presión posible” para que saia adiante.

ÚLTIMAS

700.000€ para reforzar a calidade da subministración eléctrica na comarca de Sarria

Estas melloras beneficiarán aos veciños dos concellos do Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Sarria...

As obras na rúa Cardenal de Monforte e como afectan ao comercio

O Grupo Municipal do PP de Monforte asegura ante as obras na rúa Cardenal...

Polamiúda organiza este 22 de marzo en Chantada a palestra “Padroado de Protección á Muller. Control e represión institucional (1941-1985)”

O padroado de Protección á Muller foi una institución creada no franquismo e pechada...

Opinión: O perdón

Existe en toda alma unha sensación de chamada, un sentimento profundo de anhelo, que...