HomePolíticaO alcalde de Sarria pide a reconversión do corredor Lugo - Monforte...

O alcalde de Sarria pide a reconversión do corredor Lugo – Monforte en autovía

Claudio Garrido denunciou a alta siniestralidade da CG-2.2, que acumula "graves deficiencias de seguridade".

Publicado o

- Advertisement -

Despois do último accidente mortal producido na estrada CG-2.2, que une Lugo e Monforte de Lemos, o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, pediu convertir esta vía nunha autovía para mellorar a súa seguridade.

Segundo denunciou o rexidor, a CG-2.2 acumula unha “elevada siniestralidade”, e o home de 48 anos residente en Sarria que faleceu este pasado 24 de xuño á altura do Oural é a última vítima dunha estrada “con graves deficiencias de seguridade”.

Garrido subliñou que este asunto “está por enriba doutras cuestións de carácter económico”, porque neste punto xa se trata dun problema de “seguridade cidadá”. Ademais, insistiu en que na súa anterior etapa como alcalde xa pedira de forma reiterada esta obra.

“Agora, con moito retraso, estase  a traballar no desdobramento do tramo Nadela-Sarria“, engadiu, aínda que ao seu xuízo toda esa vía debería ser transformada en autovía porque “hai unha realidade que tristemente desborda calquera previsión”, concluíu.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...