HomePolíticaO Incio busca activar o emprego e o turismo

O Incio busca activar o emprego e o turismo

O seu alcalde, Héctor Corujo, mantivo un encontro co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, para abordar temas relacionados coas políticas activas de emprego e a actividade turística na zona.

Publicado o

- Advertisement -

Na reunión deste 26 de setembro, o conselleiro Francisco Conde puxo en valor que o Incio forme parte da rede de Concellos Emprendedores pois demostra o interese que ten en participar en iniciativas de dinamización económica e en coñecer os programas de emprego que está a impulsar a Administración autonómica.

Estes programas teñen como obxectivo incrementar as oportunidades laborais dos galegos e galegas, con especial atención ao rural, e ofrecer unha formación á carta, flexible e dual e adaptada ás demandas do tecido empresarial.

Rede de Concellos Emprendedores

Pertencer a esta iniciativa permite aos concellos ter prioridade en programas de axudas vinculadas ao emprego e a formación, á dinamización comercial ou á eficiencia enerxética. A cambio, o Concello comprométese a rebaixas nos impostos locais de ata o 95% e a ofrecer máis facilidades no eido da tramitación administrativa para favorecer a captación de novas empresas e novos investimentos no municipio.

Adherirse a este convenio que a Xunta ten asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) é, segundo Conde, mostrar compromiso pola dinamización da actividade económica e empresarial do rural en Galicia.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...