HomePolíticaA Xunta adica á zona sur de Lugo 12 millóns de euros...

A Xunta adica á zona sur de Lugo 12 millóns de euros no 2020

O turismo é un dos grandes eixos sobre os que xiran os investimentos da Xunta para o ano que vén no sur de Lugo, con actuacións en infraestruturas turísticas e bens de interese público en Carballedo, Ribas de Sil, Pobra de Brollón, Quiroga, Chantada, Pantón, O Saviñao e Sober.

Publicado o

- Advertisement -

Os investimentos en sanidade e educación concentran boa parte dos orzamentos da Xunta para a zona sur de Lugo. No concello de Monforte investiranse máis de 700.000 euros para melloras no hospital monfortino e tamén haberá unha partida para reformas en centros de saúde, actuacións que se suman á recente dotación dunha ambulancia medicalizada para esta área sanitaria.

Do mesmo xeito, no 2020 levarase a cabo a rehabilitación integral e funcional de centros educativos en Monforte cun investimento de 850.000 euros. Este concello beneficiarase tamén dunha contía de 165.000 euros para obras de renovación e mellora na estación de autobuses e de 30.000 euros para o convenio coa Fundación de Ferrocarrís.

Investimentos en sanidade e educación tamén no Saviñao, onde se contempla a construción dun novo centro de saúde cun gasto de preto de 786.000 euros, ou Chantada, onde se levarán a cabo melloras nos centros educativos por importe de máis de 380.000 euros.

Continúase cos proxectos de mobilización de terras en municipios como Sober, onde ademais están en marcha actuacións como o banco de terras, as franxas de seguridade, Xunta e Concello traballan para a creación dunha aldea modelo e onde tamén existe un importante apoio noutras áreas estratéxicas, destinando case 400.000 euros a vivendas de promoción pública. Do mesmo xeito, os orzamentos impulsan a mobilización de terras en Bóveda (200.000 euros), Quiroga (152.000 euros), Chantada, O Saviñao e Pobra de Brollón.

Partidas como a de infraestruturas viarias acadan os 4,5 millóns de euros con obras como o acondicionamento da LU 651 en Folgoso do Courel, a conversión en autovía do corredor entre Láncara e Sarria ou os accesos ao Porto Seco de Monforte. En canto a telecomunicacións, Folgoso do Courel recibirá máis de 100.000 euros para mellorar a conectividade e as infraestruturas de televisión e radiodifusión.

A Xunta traballará tamén na protección do patrimonio cultural en concellos como Pantón (279.000 euros), O Saviñao (203.000 euros), Monforte, Sober ou Bóveda. Entre outros investimentos recóllense 300.000 euros para solo empresarial en Taboada.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...