HomePolíticaVOX, terceira forza máis votada en máis de media ducia de concellos...

VOX, terceira forza máis votada en máis de media ducia de concellos do sur da provincia

Os resultados electorais na zona sur da provincia son similares aos das pasadas eleccións de abril para PP e PSOE, mantense PodemosEU, crece dous puntos o BNG e hai unha subida xeneralizada de VOX, que nalgúns concellos o sitúan como terceira forza política.

Publicado o

- Advertisement -

As eleccións do 10N deixan a PP e PSOE moi igualados en Galicia. Os populares obteñen 470.041 votos e os socialistas 460.213. Podemos recibe 286.260 votos, o BNG 119.593 quédase como cuarta forza, seguida de VOX con 114.834 votos.

Na provincia de Lugo tamén sube o PSOE con 56,892, obtendo 67.942 votos o PP. Como terceira forza na provincia aparece Podemos-EU con 16.341 e VOX sitúase cuarto con 14.473 votos, levando ao BNG ao quinto lugar con 21.853 votos.

En Monforte de Lemos, o PSOE que encabeza José Tomé, é o partido máis votado co 35,73% dos votos, 3,428; o PP recibe o respaldo do 33,15% dos votantes; seguidos de PodemosEU con 974 votos, VOX con 915 e BNG 498.

En Sarria, concello con goberno liderado polo exsocialista Claudio Garrido, o PP é o partido máis votado con 2.488 votos, séguelle o PSOE con 2.240, VOX con 696, PodemosEU 638 e BNG 491.

O PP volve ser o partido máis votado no concello de Quiroga, onde obtén 1.078 votos, seguido polo PSOE con 520 votos, PodemosEU 128 votos, VOX 82 e o BNG 79 votos.

En Chantada con goberno de Manuel Lorenzo que volveu ás filas do PP, os populares reciben 1.749 votos, o PSOE 1.496, sube VOX ao terceiro lugar con 429 votos, 378 obtén PodemosEU e 321 o BNG.

En Carballedo, concello gobernado polo PP, os populares seguen á cabeza doblando en votos ao PSOE, 750 votos para o PP e 319 para o PSOE. Neste concello VOX sitúase como terceira forza política con 74 votos; seguida do BNG e PodemosEU. En Sober o PP tamén segue duplicando en votos ao PSOE con 677 e 345 votos respectivamente. Situación similar no concello do Saviñao onde se sitúa como terceira forza VOX. Tamén aparece VOX como terceira forza máis votada en Samos, Láncara, O Páramo ou Paradela.

Na Pobra do Brollón onde goberna con maioría absoluta o BNG, tamén son PP e PSOE os partidos máis votados con 311 votos nos dous casos. O BNG obtivo 125 votos.

Así as cousas, os resultados electorais na zona sur da provincia son similares aos das pasadas eleccións de abril para PP e PSOE, mantense PodemosEU, crece dous puntos o BNG e hai unha subida xeneralizada de VOX que nalgúns concellos o sitúan como terceira forza política.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...