HomePolíticaO PP pídelle a Tomé que actúe como o alcalde de Quiroga...

O PP pídelle a Tomé que actúe como o alcalde de Quiroga para mellorar a N-120

O alcalde de Quiroga solicitaba, recentemente, da demarcación de estradas en Galicia do Ministerio de Fomento, mellorar as condicións que presenta actualmente a N-120 ao seu paso polo concello. Ás queixas continuas dos usuarios polo mal estado xeral desta estrada, súmase agora o PP.

Publicado o

- Advertisement -

O grupo provincial do PP denuncia a situación de deterioro na que se atopa a estrada N-120, que, en canto a conservación, “está totalmente desatendida polo Ministerio de Fomento. Esiximos do Ministerio que poña fin a esta situación tan lamentable. Esta estrada é a principal vía de acceso á zona sur da provincia de Lugo”, asegura a deputada provincial Lola Castro, alcaldesa do Courel.

Alcalde de Quiroga e PP provincial engaden que a intervención debe ser urxente, sobre todo coa recente declaración do Xeoparque Montañas do Caurel, o paso do Camiño de Inverno e a posibilidade da declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade».

O estado actual da N 120 faina perigosa para o tráfico e advirten que coa climatoloxía do inverno, as condicións de deterioro empeorarán rápidamente.

En Monforte, a voceira popular, Katy Varela, asegura que, “é intolerable que o Ministerio de Fomento teña esta estrada no estado de abandono no que se atopa. É lamentable que o alcalde a tempo parcial de Monforte e presidente da Deputación, o socialista José Tomé, garde un silencio cartuxo con respecto ao mal estado da N-120.

A voceira popular no Concello de Monforte insta ao alcalde e presidente da Deputación a reclamar oficialmente do Ministerio de Fomento que acometa canto antes o investimento preciso para que a N-120 recupere as condicións de normalidade que está moi lonxe de ter nalgún tramo. Varela pon como exemplo do que debe facer un alcalde neste caso ao rexedor de Quiroga, Julio Álvarez, que recentemente enviou unha carta a Fomento esixindo a mellora da estrada.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...