HomePolíticaPor Chantada quere que a comarca sexa pioneira en descarbonización climática

Por Chantada quere que a comarca sexa pioneira en descarbonización climática

Por Chantada presenta ao pleno ordinario de xaneiro unha moción pioneira para declarar a emerxencia climática no Concello de Chantada e sobre adopción de medidas no eido local para un horizonte sen carbono.

Publicado o

- Advertisement -

A moción de Por Chantada demanda 🌏 Declarar a #emerxenciaclimática no Concello de Chantada, 🌳 Implementar un programa de estradas de cobertas vexatais (#ECV), para o que cómpre un Protocolo local de fomento e conservación das estradas municipais con coberta vexetal (#PEMCOVE).

Por Chantada sinala que o CO2 secuestrado nunha comarca natural debe enlotarse apenas nesa comarca favorecendo o seu desenvolvemento. A este respecto piden desenvolver no 2020 un censo das toneladas de carbono fixadas ao territorio do concello, cando menos aquelas que son públicas ou pertencen a CMVMC, para determinar a importancia estratéxica e económica do Concello de Chantada no horizonte da descarbonización e para reforzo do tecido empresarial instalado no concello.

A moción suxire trasladar o convite aos concellos de Carballedo e Taboada, para avanzar conxuntamente “como comarca pioneira na descarbonización e trasladar o acordo a outras institucións para que estuden e impulsen solucións análogas, deixando de lado declaracións ampulosas sen consecuencias nen accións concretas”.

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...