HomePolíticaConcello de Sarria e Deputación reactivan o convenio de Ponte Ribeira

Concello de Sarria e Deputación reactivan o convenio de Ponte Ribeira

O convenio que tiñan as dúas institucións contemplaba destinar 150.000 euros para rematar as obras do viaducto antes do 30 de setembro. Ao non realizarse os traballos, o acordo prescribiu nesa data.

Publicado o

- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o Alcalde do Concello de Sarria, Claudio Garrido, reuníronse días atrás co obxecto de restituír o convenio de colaboración que tiñan estas institucións para o proxecto constructivo de Ponte Ribeira.

O devandito convenio prescribiu ao non ter executadas as obras antes do 30 de setembro deste 2019 como se contemplaba no acordo que tiñan asinado Concello e Deputación con representantes políticos diferentes aos actuais. O motivo principal que impediu executalas foi a rescisión do contrato coa empresa adxudicataria por mor dun aumento excesivo no custe final do proxecto. Esta rescisión foi aprobada no concello o pasado mes de outubro.

Así as cousas, o Presidente do ente provincial, José Tomé, e o Alcalde sarrián, Claudio Garrido, asinaron un protocolo para reactivar o convenio que tiñan por importe de 150.000 euros de cara a construír a pasarela de Ponte Ribeira.

O protocolo asinado será o paso previo para formalizar no 2020 un convenio semellante ao que perdeu vixencia e no que se concretarán as actuacións a levar a cabo nesta ponte que comunica a Sarria polo Camiño de Santiago.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...