HomePolíticaO BNG de Quiroga apoia ao comercio local

O BNG de Quiroga apoia ao comercio local

A acción, que tivo lugar os días 27 e 28 de decembro, consistiu en visitar aos comercios do núcleo urbano, aproximarse á realidade do seu día a día e agasallalos cun calendario para o 2020.

Publicado o

- Advertisement -

Aproveitando a derradeira feira do ano en Quiroga -o pasado día 27- e o sábado 28 de decembro, o concelleiro Xosé Manuel Fernández, acompañado doutros membros da formación nacionalista, visitaron diferentes establecementos da vila de Quiroga. O obxectivo desta acción foi compartir uns minutos cos comerciantes, preguntar como van os negocios e ofrecer o seu apoio de cara a futuras ideas ou proxectos que poidan mellorar as vendas. Como detalle simbólico agasallaron a estes emprendedores cun calendario para o vindeiro ano 2020, calendario no que destaca un deseño representativo do “Comercio de Quiroga”.

A obra gráfica, realizada coa colaboración da empresa local Deikí, representa un corazón que se adapta á forma do mapa territorial do concello de Quiroga destacando sobre a mesma o lema “Comercio de Quiroga, o latexo do teu pobo”.

A acción, que pretende tamén sensibilizar a quiroguesas e quirogueses para que teñan presente o comercio local como primeira opción para facer as súas compras, terá continuidade a principios de ano con outras empresas e negocios do concello.

Concelleiro e membros do BNG de Quiroga nun dos establecementos visitados. Foto cedida

Dende o BNG quirogués comentan como anécdota que un comerciante lles trasladou que ten visto casos de xente que merca por internet e despois atopa en Quiroga o mesmo produto, e incluso máis barato. “Este feito demostra o pouco que se valoran e o pouco que se coñecen as posibilidades do comercio local, situacións que se deben corrixir”, engaden dende a formación nacionalista.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...