HomePolíticaO PP insta a Tomé a tomar medidas coa piscina municipal de...

O PP insta a Tomé a tomar medidas coa piscina municipal de Monforte

Os traballadores que se encargan da piscina municipal de Monforte concentrábanse esta semana diante das instalacións para reclamar á empresa, Alacer Ocio y Deporte, da que dependen, que abone as mensualidades que lles adebeda.

Publicado o

- Advertisement -

Para o PP é “lamentable que o goberno municipal non fixera as xestións adecuadas para que tal retraso nos pagos non se chegara a dar”. A portavoz popular no Concello de Monforte, Katy Varela, responsabiliza directamente ao alcalde «a media xornada», José Tomé (PSOE), desa falta de xestión.

O PP insta ao goberno municipal a adoptar medidas para garantir no futuro inmediato o funcionamento con normalidade da piscina, un servizo utilizado a diario por numerosos monfortinos.

Varela asistiu á concentración para expresar o apoio e solidariedade dos populares monfortinos aos traballadores, que teñen un par de meses sen cobrar. Segundo o PP, en setembro pasado, o pleno municipal tratou a solicitude da empresa encargada da piscina de restablecemento do equilibrio económico do contrato; “o alcalde considerou entón que aínda non era o momento de que o Concello tomase cartas no asunto directamente”.

ÚLTIMAS

O concerto de Malenne e o espectáculo de Pepo Suevos completaron unha gran xornada da programación de Nadal do Concello de Monforte

O pasado venres, 2 de xaneiro, o grupo monfortino Malenne actuaba ás 20:30 h....

Chantada celebra o 5 a Cabalgata de Reis e o 6 Carrusel gratuíto

O Carrusel está en funcionamento ata o 5 de xaneiro cun prezo de 2€...

Preto de 80.000€ en  axudas a entidades sociais, culturais, empresariais e veciñais de Monforte

A Xunta de Goberno Local do pasado luns 29 de decembro de 2025 deu...

Cursos de habilidades tecnolóxicas na Pobra do Brollón

A veciñanza da Pobra do Brollón poderá aproveitar a formación 'E para Dixitalizarse, Lugo'...