HomePolíticaAs obras de mellora da estación de autobuses de Monforte comezarán neste...

As obras de mellora da estación de autobuses de Monforte comezarán neste mes

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, lamenta a “precipitación e desinformación do alcalde” e ínstalle a preguntar no seu propio concello, que xa concedeu a licenza para estes traballos.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dará inicio nesta segunda quincena do mes ás obras de mellora da estación de autobuses de Monforte de Lemos. Os traballos e as asistencias técnicas necesarias elevan o investimento nesta actuación a 180.000 euros.

Así o confirmou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen lamentou “a precipitación e desinformación do alcalde, que se lanzou a dicir falsidades sobre a estación e preocupou innecesariamente á veciñanza”.

As declaracións sobre o peche da estación “deberon ser unha suposición do alcalde despois dun problema puntual da empresa adxudicataria, que obrigou a cerrar as instalacións os días 4 e 5 de xaneiro”. Foi unha situación extraordinaria e non cabe a máis mínima incerteza sobre a continuidade deste servizo. “Neste caso podía ter preguntado na Xunta, que con gusto lle aclarabamos os detalles e evitabamos perder o seu tempo e o noso cun problema inexistente”.

Con respecto ás marquesiñas, o departamento autonómico lembra que se van instalar en Galicia 180 marquesiñas cun novo deseño, e apunta que ofreceu o mesmo convenio a todos os municipios que as acollerán, segundo o cal a Xunta asume a fabricación e instalación e deixa en mans dos concellos o seu mantemento.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...