HomePolíticaOs necesarios enlaces da estación de FFCC de Monforte cos AVANT de...

Os necesarios enlaces da estación de FFCC de Monforte cos AVANT de Ourense e Santiago

A formación política En Marea pide que a Xunta e o Goberno do Estado se poñan mans á obra para dotar ao sur de Lugo dunhas conexións de vital importancia para as comunicacións de veciñas e veciños con Ourense e Santiago.

Publicado o

- Advertisement -

O Grupo Parlamentario Mixto, a través da deputada Paula Vázquez Verao, e dos deputados Luís Villares Naveira e David Rodríguez  Estévez, vén de rexistrar unha PNL -Proposta non de Lei- no Parlamento de Galicia instando á Xunta a trasladar ao Goberno do Estado a necesidade de dotar Monforte cun tren diario que saia a tempo para enlazar co AVANT que sae de Ourense ás 7:55, así como un tren de volta dende Ourense a Monforte para poder usalo na mesma xornada.

Lembran que a situación ferroviaria do interior galego leva anos deteriorándose coa desaparición de múltiples servizos ferroviarios, tanto de mobilidade de viaxeiras como de mercadorías, e coa falta de mantemento da infraestrutura, problemas aos que lle hai que sumar a diminución e o avellentamento do cadro de persoal. Ultimamente, aumentaron as avarías de trens e agravouse a falta de maquinistas. A falta de persoal faise patente cando, tras unha avería, chega a xente en bus e non hai quen poida axudar coas maletas, nunha estación que non conta con ascensor para cruzar as vías.

Sinalan así mesmo que “a situación das frecuencias e tipos de tren entre Monforte e Ourense fan inviable poder moverse para traballo ou estudos entre ambas cidades e con Santiago. Un novo servizo que conectase diariamente cos AVANT de Ourense permitiría a mocidade e ás persoas en xeral estudar ou traballar en Ourense, Santiago ou Coruña sen ter que vivir alí, e facilitaría a mobilidade a estas cidades, dende o punto de vista do turismo ou as xestións administrativas”.

Ademais desta iniciativa, En Marea ten presentadas propostas para a defensa do emprego no taller de RENFE de Monforte ou a urxencia de mellora de accesibilidade da estación de Monforte, que carece dun ascensor para cruzar os andéns ademais dun déficit de sinalización do perigo de cruzar as vías.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...