HomePolíticaO PSOE do Saviñao demanda protección para as devesas e limitacións de...

O PSOE do Saviñao demanda protección para as devesas e limitacións de tráfico na vila

O PSOE do Saviñao reclama cunha moción, maior protección para as devesas de Escairón e Currelos. Piden que se faga unha poda sanitaria e ecolóxica destas devesas con persoal especializado

Publicado o

- Advertisement -

O voceiro socialista do Saviñao, Celestino Rodríguez, defenderá unha moción no vindeiro pleno, coa que reclamar maior protección ás Devesas de Escairón e Currelos. Concretamente demandan “unha poda sanitaria e ecolóxica destas devesas por parte de persoal especializado”.

Nesa liña remarcan “a importancia ecolóxica e cultural destas árbores centenarias que son todo un referente medioambiental en Galicia, pero que nestes intres precisan de coidados, xa que contan con moitas ramas mortas que prexudican a súa conservación”.

Rodríguez tamén sinala que o Grupo Socialista rexistrou outra moción, coa que demanda cerrar ao tráfico as rúas principais de Escairón os días 8 e 19 de cada mes no que se celebra a feira, así como a eliminación do tráfico de vehículos pesados polo centro de Escairón, xa que actualmente hai alternativas polas que pode circular este tipo de transporte especial. Lembra ademais que esta é unha vella petición de todos os colectivos así como da poboación en xeral, co fin de mellorar as condicións de seguridade no centro da vila.

No pleno do venres dia 31 ás 9 da mañá, o Grupo Socialista de Escairón tamén demandará explicacións sobre si o Concello se adheriu ó plan Xunta FEGAMP para a retirada de nidos de Velutina. Ou si se adheriron ó convenio Xunta (AMTEGA ), coa FEGAMP para mellorar a cobertura de telefonía móbil no rural. Os socialistas tamén queren coñecer o estado das obras do Centro de Saúde da vila.

ÚLTIMAS

“Xente que veu tocar a Sober hoxe está en orquestras europeas ou americanas de primeiro orde”, Luis Fernández Guitián

Luis Fernández Guitián é profesor de clarinete. Estudou no Conservatorio de Ourense, despois fixo...

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de 2 eurodiputados

O obxectivo central desta visita dos eurodiputados, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares,...

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...