HomePolíticaUn café con Feijóo en Chantada

Un café con Feijóo en Chantada

Feijóo reivindica a "estabilidade institucional, a unidade e a moderación dos últimos 11 anos" como obxectivo da próxima lexislatura.

Publicado o

- Advertisement -

Baixo o marco de ‘Un café con Feijóo’, que tivo lugar na tarde deste luns, 2 de marzo, en Chantada, o Presidente da Xunta incidiu en seguir cumprindo o compromiso de estar en contacto coa xente para coñecer as súas inquedanzas e prioridades. Puxo en valor o proxecto que o PPdeG ten para a Galicia do ano 30 e que, no caso de Chantada, pasa pola Declaración de Patrimonio da Humanidade da Ribeira Sacra, “o instrumento máis potente” para os próximos vinte anos. Así, referiuse á rehabilitación de 2.000 vivendas en dez anos, á posta en valor con máis intensidade do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra ou a unha maior protección na paisaxe. O sector vitivinícola foi outro dos ámbitos nos que fixo fincapé, ao ser, sinalou, clave para Ribeira Sacra. Neste senso, recordou que, de cada 100 botellas, expórtanse 25, o que pon de manifesto que se trata dun sector estratéxico para toda esta zona.

Continuar coidando aos maiores, 300 reciben axudas de dependencia no concello de Chantada, e seguir traballando nas políticas agrarias serán outras das prioridades. Para Feijóo, a estabilidade institucional, a moderación na forma de gobernar, a centralidade nas políticas e a unidade é o obxectivo da próxima lexislatura.

“En Lugo facemos unha aposta moi potente, que é pedirlle á alcaldesa de Mondoñedo e presidenta do partido que dea un paso á fronte para poñer en valor toda a provincia”, apuntou.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...