InicioPolíticaFeijóo fala na Ribeira Sacra dunha Galicia máis verde e dun rural...

Feijóo fala na Ribeira Sacra dunha Galicia máis verde e dun rural con futuro

O presidente do PP galego rematou a xornada do 18 de marzo cun acto en Sober, no que asegurou que a Galicia verde é o compromiso do Goberno galego con todo o sector rural, un dos vectores -xunto coa Galicia moza, innovadora e familiar- do proxecto para a próxima década. Así, sostivo que “o rural en Galicia ten futuro”, por ser máis competitivo que nunca.

Publicado o

- Advertisement -

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, referiuse a varios sectores relacionados co rural galego, como o vitivinícola, no que os viños galegos con denominación de orixe ocupan o terceiro posto nacional polo seu valor no mercado; o sector lácteo, no que Galicia é líder nacional en produción de leite; a agricultura ecolóxica, no que Galicia vende un 33 por cento máis de produtos e é a primeira comunidade de España en explotacións produtoras de leite ecolóxico; e a pesca e o mar, no que nos últimos dez anos se aumentou un 75 por cento as cotas pesqueiras e Galicia é a décima exportadora mundial de produtos pesqueiros.

Do rural galego destacou a Galicia moza, con 3.500 mozos que se incorporaron ás actividades agrarias nos últimos 10 anos, e cunha de cada dez explotacións, dirixida por menores de 30 anos. Feijóo salientou que a política de menos impostos no rural chega a máis de 70.000 familias galegas e que hai máis servizos; contando con casas niño e casas do maior; e que se está a traballar para unha mellora cobertura 4G e de Internet.

Feijóo explicou que para ter hoxe unha Galicia máis verde tívose que apostar pola súa ordenación. Así, engadiu que mentres que en 2009 só o 10% dos concellos galegos tiñan un plan xeral, hoxe xa contan con el 106 municipios, ao tempo que se está a redactar os plans básicos municipais para os 49 concellos de menos de 5.000 habitantes.

Acto PP Sober / PP

Puxo en valor unha Galicia que aposta pola rehabilitación, coa primeira Lei de rehabilitación integral de Galicia, que facilitou que 20.000 familias rehabilitaran as súas vivendas coa axuda da Xunta nos últimos catro anos. Asemade, incidiu en que Galicia é a terceira comunidade que máis está a reducir as súas emisións de CO2 á atmosfera.

Feijóo incidiu en que seguirase defendendo con rotundidade o sector forestal, xa que Galicia é a novena potencia en Europa. Por outra banda, sinalou que acádase unha Galicia máis verde impulsando as enerxías renovables. Así, hoxe máis do 82 por cento da electricidade que consumimos provén de fontes renovables, aumentaremos a potencia eólica instalada nun 15 por cento entre 2019 e 2020, e ao final deste ano teremos instaladas un total de 8.000 caldeiras de biomasa.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...