HomePolíticaPresentado o proxecto da residencia da Pobra do Brollón

Presentado o proxecto da residencia da Pobra do Brollón

Publicado o

- Advertisement -

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde estivo na tarde do 3 de xullo no concello da Pobra do Brollón para presentar o proxecto de construcción da residencia de maiores que se levará a cabo nos vindeiros meses na localidade. Ó evento tamén acudiron o alcalde José Luis Maceda con membros do seu equipo así como Javier González, portavoz do PSOE da localidade con membros da corporación socialista.

O goberno provincial fará posible que a Pobra do Brollón dispoña desta infrastructura, que albergará a máis de 30 maiores, a través da financiación do proxecto e a achega de 1.2000.000 euros. O concello cede os terreos para a execución do proxecto, valorados nuns 100.000 euros, a licenza de obra e a aportación económica de 200.000 euros segundo o establecido no convenio de colaboración asinado con anterioridade entre o Concello e a Deputación.

A residencia terá unha superficie de case 1.779 metros cadrados e contará con 2 andares. O semisoto terá 277 metros de superficie e o baixo 1.531; neste estará a área residencial que contará con 18 cuartos con baño adaptado. Ademais, as instalacións tamén terán despacho médico, sala de curas, 2 habitacións de enfermería e un baño asistido.

Con este proxecto, Campos Conde destaca que “a construcción desta infrastructura enmárcase no noso proxecto de ser a Deputación unha institución social e rural, que está ó servizo das persoas e traballa para garantir os dereitos e a igualdade de oportunidades entre os veciños da provincia”.

 

ÚLTIMAS

O Quixós volve de Portugal con 7 medallas individuais e un 3º posto por equipos

A fin de semana do 8 e 9 de febreiro tivo lugar na freguesía...

Escola de Música Moderna de Monforte: un proxecto consolidado que non para de medrar

A Escola de Música Moderna conta xa con tres centros de formación: o de...

O BNG demanda no Parlamento recursos para o Hospital de Monforte

Esta semana unha nutrida representación do Grupo Parlamentar do BNG acodía á concentración organizada...