HomePolíticaO BNG de Monforte demanda convocatoria urxente da Xunta de Portavoces

O BNG de Monforte demanda convocatoria urxente da Xunta de Portavoces

Nunha petición rexistrada no concello, reclama recibir información e consensuar medidas, co maior apoio posible, para xuntos saír adiante, nomeadamente o comercio local e turístico.

Publicado o

- Advertisement -

O BNG quéixase de que só se convocara unha Xunta de Portavoces nunha ocasión desde a entrada en vigor do estado de alarma e que só se celebrara un pleno extraordinario “coa única intención de dispoñer o remanente de tesourería, o que nos impediu ao resto de grupos municipais presentar mocións, rogos ou e/ou preguntas, alén dos puntos incluídos na orde do día pola equipa de goberno.”

Os nacionalistas consideran que co anuncio do goberno do Estado de ir abandando o réxime de confinamento e coas medidas de financiamento extraordinario das que se ten dotado ao concello nesta crise, terían que estar en marcha medidas para a protección do tecido socioeconómico monfortino. Lembran desde o BNG que a este respecto presentaron propostas, pero que tamén poden ser as do goberno municipal, propostas estas que dín descoñecer.

Segundo Emilio J. Sánchez Iglesias, portavoz do BNG no Concello de Monforte de Lemos, fan esta petición “En exercicio activo do noso dereito de acceso á información pública ante a administración local galega coa finalidade de facer efectivo o exercicio das funcións de goberno, control e fiscalización da actividade local, as que forman parte do núcleo esencial do noso mandato representativo para xestionar unha parte importante dos asuntos públicos, no marco da lei, baixo a nosa responsabilidade en beneficio dos seus habitantes”

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...