HomePolíticaPor Chantada denuncia a privatización do SAF en plena pandemia

Por Chantada denuncia a privatización do SAF en plena pandemia

Por Chantada asegura que o alcalde goberna por decreto e mantén un "réxime de piloto automático que non favorece nada os intereses da maioría social."

Publicado o

- Advertisement -

Por Chantada lembra a sentenza (87/2020 do xulgado do contencioso nº2 de Lugo) condenando ao Concello de Chantada porque os servizos mínimos decretados polo alcalde era abusivos, e insiste en que a pandemia da COVID-19 “deixou claro o vitais que son os servizos públicos e, nomeadamente, a sanidade, a educación e o SAF centrado na atención ás persoas maiores e dependentes, os que mais sofreron con esta crise.”

Segundo Por Chantada, a prioridade do alcalde é a privatización do SAF e aumentar a “xa crónica opacidade da xestión: sen xuntas de goberno local, sen sesións do Pleno desde a cabeza do mes de xaneiro, con só tres comisións de seguemento da COVID-19 e negándose a operar democraticamente con medios telemáticos nada nos sorprende xa.”

O 19 de maio levantábase a interrupción dos prazos para o procedemento da privatización polo estado de alarma e convocábase para este martes, 2 de xuño, a mesa de contratación do Concello de Chantada. Segundo Por Chantada, “o Goberno deseña tretas para acelerar a privatización e denégase o período de ferias a todas as traballadoras para xuño de 2020. Infame e covarde a partes iguais.”

Por Chantada asegura que seguirá defendendo que os servizos sociais son esenciais para unha sociedade xusta, mentres “o PP local opta por afondar na precariedade e no negocio a conta dun sector fondamente feminizado e con duras condicións laborais que lles afectan na saúde.”

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...