HomePolítica'Deixamento' e 'presuntos recortes' de Feijóo co Centro de Saúde de Monforte?

‘Deixamento’ e ‘presuntos recortes’ de Feijóo co Centro de Saúde de Monforte?

A secretaria provincial do PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero, e o alcalde da cidade e presidente da Deputación, José Tomé, denunciaron este martes o "deixamento" do Goberno de Feijóo co centro de saúde deste municipio, que conta con catro baixas sanitarias dende hai meses.

Publicado o

- Advertisement -

Nun comunicado dos socialistas de Lugo en relación a un acto realizado, e do que deu conta Europa Press, estes aproveitaron para sacarlle as cores ao Goberno Galego en relación á asistencia sanitaria galega.

O alcalde de Monforte, José Tomé, denunciou a “discriminación” e “deixamento” do Goberno de Feijóo coa comarca de Monforte de Lemos. “Somos a segunda poboación máis grande da provincia de Lugo, con case 19.000 habitantes, merecemos unha atención primaria pública, gratuíta e de calidade, sen recortes como fixo amortizando tres prazas de médico e unha de A. T.S.”, manifestou.

Os socialistas lucenses aproveitaron tamén para sinalar que no Concello de Quiroga e no Concello do Saviñao a asistencia pediátrica só se presta dúas veces á semana. Ante estas cuestións, Patricia Otero, tamén cabeza de lista do PSdeG ás eleccións autonómicas pola provincia de Lugo, advertiu de que a crise da COVID-19 “evidenciou de forma clara a profunda política de recortes do PP de Feijóo na asistencia sanitaria galega nestes últimos anos”. “Foron máis de 11 anos de recortes nos que se suprimiron 1.400 profesionais da sanidade, recortáronse un total de 2.000 millóns de euros e deixáronse de pedir 150 prazas MIR de medicina de familia”, criticou a socialista.

Patricia Otero, en clave xa electoral, sinalou que hai “unha oportunidade única” para cambiar esta situación de “retroceso inmenso en materia de persoal, recursos e medios”. “Entre todos temos que darlle a volta á situación endémica da sanidade na provincia e en Galicia”, reivindicou.

ÚLTIMAS

“Diversidade, autenticidade e carácter”, os tres trazos que lle outorgou Javier Olleros aos aceites de Quiroga

Quiroga vén de celebrar a exaltación do seu ‘ouro verde’ e suma un novo...

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...