HomePolíticaRibas de Sil estreará cámping no 2019

Ribas de Sil estreará cámping no 2019

O proxecto está financiado na súa maior parte polo concello e suporá unha opción de aloxamento importante para visitantes da Ribeira Sacra, do Courel e incluso peregrinos do Camiño de Inverno.

Publicado o

- Advertisement -

Os traballos de construción do novo cámping de Ribas de Sil, que se ubicará a carón da Praia Fluvial de San Clodio, supoñen un investimento de 420.000 euros para dúas fases de adaptación. Do montante total desta partida presupuestaria, 320.000 euros son aportados polo Concello de Ribas de Sil e os restantes 100.000 pola Deputación de Lugo.

As obras desta primeira fase de construción, que presumiblemente estean rematadas a mediados do vindeiro ano, consistirán en traballos de urbanización, xardíns, dotación de auga e luz na área destinada a acampada, ademais da construción dos edificios comúns como son a cafetería, recepción, restaurante e aseos. A segunda parte do proxecto engloba o levantamento de 8 bungalós de 36 metros cadrados cada un.

Este cámping, de titularidade municipal e dividido en 3 parcelas -zona de acampada, zona de caravanas e outra de bungalós– , estará moi preto da zona recreativa da praia fluvial de San Clodio, unha das áreas máis visitadas da contorna pertencente á Ribeira Sacra.

Santos Ramos, Deputado de Relacións Institucionais da Deputación de Lugo sinalou que, “este camping supón unha gran oportunidade de hospedaxe para o Concello de Ribas de Sil, pois terá capacidade para albergar a un centenar de persoas. Ademais, constitúe unha alternativa sostible para ampliar a oferta hoteleria.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...