HomePolíticaA sarriá de Chorente que está facendo historia

A sarriá de Chorente que está facendo historia

Ana Pontón pedía 'facer historia' na pasada campaña electoral, e así foi. O BNG non acadou o reto de facer presidenta da Xunta a unha muller, pero si acadou ser a segunda forza política do Parlamento Galego subindo de 6 a 19 escanos, o mellor resultado dende o seu nacemento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aínda que a súa vida está moi vinculada a Compostela, Ana Pontón é sarriá de nacemento, concretamente de Chorente, a súa parroquia natal, lugar onde quixo arrincar a carreira cara ás urnas tal como demos conta días atrás dende Xornal de Lemos.

A portavoz nacional e candidata, que na súa ‘estrea’ como cabeza de lista en 2016 era considerada polo seus “nova, pero sobradamente preparada”, chegou a estas eleccións sendo nai dunha nena e enarborando a bandeira do feminismo e as medidas de conciliación.

O reto nas eleccións do pasado domingo era chegar á presidencia da Xunta de Galicia. Non foi posible, Feijóo fíxose de novo coa maioría absoluta, pero acadou un importante premio de consolación situar a formación nacionalista como primeira forza da esquerda co mellor resultado en escanos da súa historia, ao conseguir un total de 19, un máis que o teito electoral cultivado en 1997. Precisamente, aquelas foron as primeiras autonómicas nas que Pontón puido votar.

Información de interese e complementaria no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...