HomePolíticaO PP de Monforte propón un aparcadoiro soterrado no centro da cidade

O PP de Monforte propón un aparcadoiro soterrado no centro da cidade

Segundo o PP, a construción dunha nova ponte en Monforte non é unha prioridade e propoñen destinar eses recursos á creación dun aparcadoiro no corazón de Monforte, aproveitando terreos libres na contorna das rúas Roberto Baamonde, Doutor Teijeiro e Cardenal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP considera que é necesario impulsar a actividade económica da cidade, e sinalan como un dos sectores máis afectados o comercio de proximidade. A portavoz municipal do PP, Katy Varela, sinala: “Consideramos importante facilitar aos cidadáns as compras no centro da cidade, para o que é fundamental a peonalización das rúas do centro; pero tamén ter un aparcadoiro a maiores o suficientemente preto dos comercios. Xa que o Concello fai uso dun solar na rúa Julio Camba que sempre está completo, faise evidente a necesidade de habilitar máis prazas para estacionar os vehículos”.

Os populares indican: “Existen uns terreos tras ás rúas Inés de Castro, Roberto Baamonde e Cardenal que non presentan un bo estado de conservación, ocasionando incluso protestas dos veciños pola presenza de ratos e insectos. Por este motivo, e dado que xa existe un solar nas inmediacións que se usa como aparcadoiro, cremos viable a creación dun aparcadoiro neses solares”. Indican que o aparcamento podería ser soterrado cun parque na superficie”. No PP están convencidos de que esta infraestrutura potenciaría o comercio na zona das rúas Roberto Baamonde, Doutor Teijeiro, Cardenal e outras.

O PP propón que parte dos cartos que están destinados a investimentos se asignen, antes que á construción de calquera ponte, á creación de máis prazas de aparcadoiro no centro da cidade para potenciar a actividade comercial e económica, e propoñen os terreos que sinalados, “con saída de vehículos ás rúas Roberto Baamonde e Inés de Castro e con posibilidade de saídas peonís á rúa Cardenal e á Avenida de Galicia”.

ÚLTIMAS

Entrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á...

Medio Rural destina 4M€ a pasteiros

Durante o seu percorrido pola zona, no que estivo acompañada polo director xeral de...

O Xeoparque Montañas do Courel terá un espazo en FITUR 2025

A Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM), na que están integrados os dous Xeoparques...

Detidos dous homes como supostos autores de ‘ciberestafas’ denunciadas en Lugo e Monforte

Segundo informaron fontes policiais, unha das estafas foi denunciada en Lugo, e a vítima...