HomePolíticaMonforte suspende a Feira e o Campamento de Verán

Monforte suspende a Feira e o Campamento de Verán

O gromo de Covid-19 detectado estes días provoca novas suspensións da actividade económica e de lecer monfortina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte vén de facer públicos dous comunicados nos que informa da suspensión das actividades do Campamento Deportivo de Verán e da Feira no Mercado Gandeiro de Monforte do vindeiro luns día 24 de agosto. A gravidade do gromo de Covid-19 que está afectando á cidade obrigou ao equipo de goberno a tomar estas decisións, de igual xeito que se decidiu cancelar o pasado día 19 a celebración da Feira do Libro.

No que se refire ao campamento de verán, que tan ben estaba a funcionar e no que as medidas de prevención estaban a ser exemplares, a suspensión chega para a última xornada que se ía celebrar mañá venres día 21 de agosto.

Coa devandita suspensión decretada hoxe, dáse por concluída esta terceira e última quenda do Campamento Deportivo de Verán 2020.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...