HomePolíticaO PP da Pobra do Brollón denuncia que o concello subira o...

O PP da Pobra do Brollón denuncia que o concello subira o IBI en plena crise

O Grupo Municipal do Partido Popular da Pobra do Brollón denuncia que o Concello aprobase subir o Imposto de Bens Inmobles (IBI) en plena crise sanitaria e económica. Concretamente, segundo precisa o voceiro desta formación, Fernando Parada, a taxa urbana pasa do 0,60 euros aos 0,71 e, a rústica, dos 0,80 aos 0,90 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o Grupo Municipal do PP aseguran que moitos veciños se puxeron en contacto con eles para trasladarlles as súas queixas e recoñecen que non entenden “como o alcalde se atreve a facer esta suba” e pídenlle que “dea marcha atrás e non se ampare en falsas escusas para intentar desviar a atención”. E é que, nestes momentos, as administracións “deben remar todas xuntas para axudar á recuperación e non poñer aínda máis trabas”, insisten.

Falta de transparencia

Os populares amosan así o seu rexeitamento á suba deste imposto –no Pleno votaron tamén en contra- e critican a falta de transparencia do goberno local, ao dar o visto e prace a este incremento sen dar as explicacións pertinentes aos veciños. “Non está sendo xusto coa veciñanza. Xestionar un Concello é dotala de servizos mellores e non obrigala a que pague cada vez máis, como acontece neste caso e, moitos menos, facelo con tal prepotencia. Isto é un despropósito”, conclúe.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...