HomePolíticaSusana López Abella repite como Secretaria Xeral de Igualdade

Susana López Abella repite como Secretaria Xeral de Igualdade

A chantadina, Susana López Abella, vén de tomar posesión como secretaria xeral da Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto estivo presidido pola conselleira do departamento autonómico, María Jesús Lorenzana, quen destacou a profesionalidade de Susana López Abella e a súa experiencia ao fronte da Secretaría Xeral da Igualdade.

Lorenzana afirmou que a prioridade da Xunta de Galicia é continuar loitando con contundencia contra a violencia de xénero e destacou a importancia de seguir facendo políticas encamiñadas a reorientar a tendencia da fenda salarial acadando, deste xeito, a igualdade de xénero no eido laboral. Pola súa banda, López Abella agradeceu a confianza depositada nela para continuar combatendo a violencia de xénero, unha lacra para a sociedade. Sinalou que a Xunta continuará dando apoio directo ás vítimas e seguirá loitando para erradicar a violencia de xénero, unha tarefa que apuntou que só se conseguirá se hai un compromiso de todos os ámbitos. 

López Abella ocupou o cargo de secretaria xeral da Igualdade entre outubro de 2011 ata o pasado mes de xuño. Así, conta con ampla experiencia en materia de igualdade ao ter estado á fronte desta secretaría nos últimos nove anos. Nacida en Chantada (Lugo), López Abella realizou estudios de Ciencias Empresariais na Facultade de Empresariais de Vigo e é colexiada en xornalismo polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Foi secretaría xeral de Familia e Benestar entre abril de 2009 ata outubro de 2011 e foi, ademais, deputada no Parlamento de Galicia, onde traballou nas áreas de muller, política social, igualdade e traballo, entre outras.  

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...