HomePolíticaO PP do Saviñao denuncia que o PSOE xere alarmismo nos veciños...

O PP do Saviñao denuncia que o PSOE xere alarmismo nos veciños coa xubilación do médico

O Grupo Municipal Popular, que dirixe Carlos Armesto, considera unha “falta de dignidade política” usar a xubilación do facultativo con esta fin, a sabendas de que esta praza cando quede vacante se vai cubrir seguindo a normativa que ten o Sergas para estes casos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Carlos Armesto maniféstase moi crítico cos socialistas locais e provinciais porque, na súa condición de alcalde, e en previsión de que a praza non quede descuberta ante a situación laboral do facultativo, informa que mantivo varios contactos cos dirixentes de Sanidade na Xunta de Galicia en Santiago e en Lugo; e que todos lle confirmaron que en ningún momento a consellería tiña previsto prescindir deste profesional e, por tanto, deixar aos veciños sen este servizo, senón que, no momento en que cesase das súas funcións como consecuencia da súa xubilación, se cubriría o seu posto, tal e como xa se fixo noutros concellos.

Nesta situación Armesto considera “lamentable que haxa políticos que fan política coa sanidade e máis nun momento tan crítico como o que estamos a vivir. Incluso semella que ata queren xubilar antes ao profesional do que lle corresponde”, advirte.

Armesto asegura que existe unha comunicación que bota por terra os argumentos do PSOE e que “o Sergas nunca estudou, valorou, insinuou o dixo nada de que se fora amortizar a praza, polo que non sabemos de onde sacaron esta información que, sospeitamos, é interesada e manipulada para sacar un rédito político”, critica.

PP O Saviñao / PP

Nesa comunicación oficial certifícase que o devandito centro de saúde seguirá contando co mesmo número de médicos que ten agora (3), e tamén continuará co mesmo funcionamento o consultorio existente en Currelos. “Convido, por tanto, ao PSOE a que faga unha reflexión profunda pois creo que non se pode caer tan baixo, nin facer unha política tan ruín”. “Sobre todo, conclúe o dirixente do PP,  porque o compromiso con Saviñao é claro, como se demostra neste caso ou nos máis de 1 millón de euros que investirá na construción dun novo centro de saúde. É dicir, as mentiras en política, tamén teñen as patas moi curtas”, sentencia.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...