Nesta proposta tamén se solicita proporcionar maior dotación orzamentaria ás partidas destinadas á limpeza dos centros educativos do Concello; convocar unha reunión reunión urxente cos representantes dos centros educativos do Concello e coa ANPA; así como a creación dun Consello Escolar Municipal que se reúna periodicamente para estudar e avaliar a adopción das diferentes medidas.
O Voceiro Socialista, Roi Rigueira, alude as explicacións do Alcalde neste asunto, coas que di quere botar balóns fóra, xa que sinala que as competencias do Concello no CPI son moi limitadas e que non se pode facer moito máis do que se está facendo. “Pero dende o Grupo Socialista non imos quedarnos sentados e de brazos cruzados esperando a ver si alguén move un dedo para mellorar a situación no Colexio, por iso insistimos, o Concello de Taboada ten que facerse valer diante da Xunta para reclamar mellores dotacións e mais orzamentos para o Colexio nesta situación de crise”, advertiu.
Rigueira tamén anunciou que o Grupo Socialista defendeu outra moción, que tamén contou coa abstención do PP, coa que solicita a informatización da oficina de Correos de Taboada para convertela en oficina técnica con plena autonomía. Nesta proposta tamén solicita unha ampliación do horario de atención ao público e, sobre todo, incidir na necesidade de apertura da oficina a última hora da mañá; e instar ao Concello de Taboada a facer unha petición formar a Correos demandando a mellora do servizo.
O voceiro socialista afirma que “as veciñas e veciños de Taboada padecen unha perda de servizos continua, coa pasividade cómplice do PP e do Alcalde”. Por iso criticou “a apatía e a desidia que amosa o Alcalde e o equipo de goberno, resignándose a pelexar por garantir os servizos aos que os veciños e veciñas do Concello de Taboada aos que temos dereito”, dixo.