HomePolíticaO PSdeG de Chantada leva a Pleno o Imposto da Plusvalía

O PSdeG de Chantada leva a Pleno o Imposto da Plusvalía

O Grupo Municipal Socialista pretende que se revise a súa aplicación tras varios procesos xudiciais nos que se determinou a nulidade de varios apartados das normas que rexen este imposto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Imposto da Plusvalía, que grava o incremento de valor dos bens urbanos, foi implantado en Chantada no 2004, baixo o mandato do popular Manuel Varela.

O devandito tributo grava tanto bens inmobles como soares e calcúlase como porcentaxe do valor catastral. O caso é que coa crise inmobiliaria que estamos a pasar estanse dando casos de compravendas a perdas deste tipo de propiedades por todo o estado tendo que tributar os propietarios igualmente por ese “presumible aumento de valor”.

Esta situación trouxo como consecuencia reclamacións xudiciais, tendo xa casos de procesos xudiciais nos que se determinou a nulidade de varios apartados das normas tributarias que rexen este imposto. En calquera caso, os socialistas de Chantada alegan que esta modificación nas normas non se ten realizado nas ordenanzas municipais da vila do Asma.

Advirten ademais que, “como consecuencia dun PXOM antigo e fóra da realidade, amplas extensións de terreos non se desenrolaron pero si están sufrindo unha cualificación urbana cuns valores catastrais moi altos”.

En consecuencia, o PSdeG de Chantada presentará unha moción, que esperan poida debaterse na sesión do vindeiro me de novembro, na que propoñen ao Concello a modificación da Ordenanza do Imposto da Plusvalía e impulsar os traballos de redacción dun novo PXOM, adaptado á realidade.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...