HomePolítica"Tomé recorre ás mentiras para tratar de cuestionar as medidas da Xunta...

“Tomé recorre ás mentiras para tratar de cuestionar as medidas da Xunta no control da pandemia”, asegura o PP

As últimas declaracións do alcalde de Monforte e Presidente da Deputación, José Tomé, sobre o peche perimetral de Monforte son "un paso máis no seu permanente intento de confrontación coa Xunta, co fin de buscar réditos políticos", segundo aseguran desde o PP.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O portavoz popular, Óscar Poy sinala : “Lidas as declaración do presidente da Deputación e alcalde de Monforte, só é posible lembrar o seu tristísimo papel como presidente provincial no inicio de pandemia. Chegou tarde  e pouco ou nada aprendeu en todos estes meses. Por iso mesmo, é atribuíble a que sabe que de novo está perdido na batalla fronte á covid, esta incontinencia verbal de Tomé diante dos micros nas declaracións referidas”.

Poy declara: “Que Tomé fale de discriminación, de preferentismos despois do que xa está marcado a ferro na súa traxectoria ao fronte da Deputación; que despois de facer e desfacer segundo os propios caprichos, e da histórica constatación de que as máquinas da Deputación non pisan moitos dos concellos populares, as afirmación de Tomé só poden considerarse un insulto á intelixencia dos lucenses e ganas de buscar confrontación nun asunto, a crise sanitaria, na que todos debemos traballar unidos”.

Os populares recordan que Tomé rexeitou hai uns días, no pleno, a colaboración do PP para os orzamentos e, consideran que despois de ter feito isto no debería de falar de sectarismo. Óscar Poy di: “En Galicia si hai un comité técnico na Xunta, recoñecible, que determina as accións a desenvolver; un comité clínico de verdade non coma o de Sánchez, do que nunca máis se soubo”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...