HomePolíticaEspertaMonforte pide a Tomé que convoque o Consello Municipal de Saúde

EspertaMonforte pide a Tomé que convoque o Consello Municipal de Saúde

O grupo municipal EspertaMonforte! amosa o seu malestar e o total rexeitamento ás declaracións do alcalde de Monforte e presidente da Deputación José Tomé onde deixa entrever que a inclusión de Monforte na listaxe de Concellos confinados dende este sábado responde a cuestións políticas e non sanitarias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Monforte descende o número de casos activos e baixa do nivel 3 de alerta, ao nivel 2, alerta laranxa no semáforo covid galego. O concello conta con menos de 21 casos activos. Pola contra Chantada sube a 33 e, polo tanto, á fase 3.

Despois de decretarse o peche perimetral de Monforte, EspertaMonforte pídelle ao alcalde, que neste momento de especial dificultade, faga uso do consello municipal de saúde e que atenda ás recomendacións que lle faciliten: como reordear a circulacion peonil, que a policía local circule polos lugares onde se reune a mocidade sen medidas de protección. Esperan que o alcalde cumpra as súas obrigas como autoridade sanitaria e “deixe de buscar confrontacións políticas que en nada benefician aos monfortinos/as neste momento de especial dificultade.”

Sinalan desde EspertaMonforte que os alcaldes deben de velar polo cumprimento das medidas impostas e non criticar o contido dos controis sanitarios da Xunta de Galicia. E lémbranlle a Tomé que xa no mes de maio un grupo de médicos do centro de saúde de Monforte presenta unha carta no Concello de Monforte solicitando a implantación dunha serie de estratexias que incidiran no distanciamento físico das persoas como forma fundamental de evitar a transmisión da COVID19. “Sen embargo esta carta foi calificada tanto pola teniente de alcalde Gloria Prada como polo propio alcalde José Tomé como “máis política que outra cousa” facendo oídos xordos a estos profesionais da saúde e negándose a convocar o Consello Municipal de Saúde,” sinalan.

EspertaMonforte amosa tamén o seu apoio ao sector da hostalería, “pois entendemos a repercusión negativa que lles supoñen estas medidas recentemente aplicadas, polo que solicitamos tanto a Xunta de Galicia como ao Concello de Monforte que poñan en marcha medidas e mecanismos que contrarresten as perdas que inevitablemente vai a sufrir este sector derivadas desta situación.”

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...