HomePolíticaSeguirán os cortes de auga na rúa Carlos Otero Díaz de Chantada?

Seguirán os cortes de auga na rúa Carlos Otero Díaz de Chantada?

No proxecto de Orzamento do Concello de Chantada para o vindeiro ano 2021, non aparece, segundo o PSOE de Chantada, ningunha partida para poñer fin ao problema co abastecemento nesta rúa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PSdeG-PSOE de Chantada alerta de cortes de subministro de auga que de xeito reiterado están a acontecer na rúa Carlos Otero Díaz . “Por sexta vez en menos de dous meses, os veciños levántase pola mañá no que parece unha macabra rutina sen fin ó non dispoñer de auga corrente. Á incomodidade e ós problemas que isto ocasiona únese a rabia e a impotencia de quen ten que buscar solucións alternativas día sí e día tamén para poder desenrolar os seus imprescindibles hábitos diarios,” sinalan.

Segundo os socialistas, os cortes constantes débense ao deterioro da rede de subministro, que se atopa anticuada, desgastada e “é incapaz de soportar a presión da auga nesta rúa.” Unha instalación de fibrocemento que non se renovou en décadas e que agora deixa de manifesto a necesidade dun cambio urxente que permita aos veciños desfrutar dun servizo que é esencial as 24 horas do día .

O grupo municipal socialista alertou deste problema en varias ocasións. A última delas nas reunións informativas que mantivo co grupo de goberno sobre a elaboración do proxecto orzamentario do 2021. Os socialistas pediron que se consignara unha partida para comezar o cambio desta rede xunto con outras rúas como a Avenida dos Pilos ou Doutor Fleming, o que estaba a acontecer en Carlos Otero Díaz.

No proxecto de Orzamento do Concello de Chantada para o vindeiro ano 2021, cuxo debate celebrarase previsiblemente o xoves día 3 de decembro, non aparece, segundo o PSOE de Chantada, ningunha partida para poñer fin a esta situación; polo que consideran que os cortes continuarán ata que o goberno popular de “decida investir nunha cuestión prioritaria coma esta.”

ÚLTIMAS

II Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta...

Narración oral e teatro familiar en Bóveda esta fin de semana

Dúas interesantes propostas culturais ocupan a axenda no Concello de Bóveda esta fin de...

Chantada, nove anos consecutivos obtendo “4 Flores de Honra” no certame Vilas en Flor

O movemento Vilas en Flor, promovido pola Fundación Juana de Vega, celebrou este venres...

Pontón compromete no primeiro día de campaña do BNG reforzar Monforte como nó ferroviario estratéxico

A portavoz nacional, Ana Pontón, comprometeu o traballo do BNG en Madrid para reforzar...