HomePolíticaO BNG denunciará en Europa o plan de transporte escolar do Courel

O BNG denunciará en Europa o plan de transporte escolar do Courel

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, a portavoz do BNG en Bruselas, Ana Miranda, a deputada parlamentaria Carme Aira e a responsable comarcal do BNG Rosana Prieto reuníronse este sábado con representantes da ANPA e de taxistas de Folgoso do Courel, que encabezan as mobilizacións en defensa do actual sistema de transporte escolar do CPI Poeta Uxío Novoneyra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na xuntanza, as nacionalistas espuxeron as iniciativas políticas a desenvolver para esixir á Xunta de Galiza o mantemento das rutas e paradas actuais, que garanten as mellores condicións para o alumnado e dan emprego a seis taxistas locais.

A portavoz europea, Ana Miranda, anunciou que presentará “unha iniciativa na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para denunciar a discriminación causada pola decisión do goberno galego que”, argumentou, “vulnera o dereito á igualdade no acceso á educación ao non ter en conta as condicións específicas das zonas de montaña”.

Miranda considera que “a Unión Europea pode e debe pronunciarse sobre este asunto porque está en cuestión o uso de fondos europeos destinados á mobilidade e porque a licitación das rutas foi publicada no Diario Oficial das Comunidades Europeas”.

Nesa liña, explicou que o plan de transporte da Xunta de Galicia bate de fronte “coa filosofía dos fondos europeos e incumpre a Estratexia Europea para as Zonas de Alta Montaña, que alude especificamente as necesidades específicas de transporte destas zonas e que se reforzará no novo marco financeiro que se está a negociar nestes momentos en Europa”

A vicepresidenta e deputada provincial, Maite Ferreiro, sinalou “que despois de que as mobilizacions sociais conseguiran paralizar o concurso, compre manter a presión institucional para que a Xunta de Galiza rectifique e presente xa un plan de transporte que atenda ás necesidades do alumnado e manteña os empregos no Courel”.  

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...