HomePolíticaO BNG de Quiroga interésase pola situación do comercio local

O BNG de Quiroga interésase pola situación do comercio local

O BNG de Quiroga reuniuse coa secretaria da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque, Mónica Pérez, para interesarse pola traxectoria desta asociación de comerciantes que reúne xa a 53 asociadas e asociados dos concellos de Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Mónica Pérez trasladoulle ao voceiro do BNG quirogués a satisfacción polas accións realizadas, sempre contando coas dificultades de estar en plena pandemia, e o rápido que están poñéndose ao día para avanzar e coñecer as dinámicas deste tipo de asociacións. 

O concelleiro do BNG de Quiroga, Xosé Manuel Fernández, felicitou e animou á representante da asociación a seguir traballando nesa liña ao tempo que lle ofreceu o seu apoio e colaboración para contactar con outras asociacións e informar de posibles axudas para o desenvolvemento da súa actividade. Animou á entidade tamén a solicitar formalmente colaboración ao Concello de Quiroga.

Participaron da xuntanza tamén Ana Miranda, voceira do BNG no Parlamento Europeo, e Carmen Aira, deputada por Lugo do BNG no Parlamento de Galicia, para coñecer tamén a situación actual do comercio local na comarca a través da asociación.

Ademais de escoitar atentamente a experiencia, os logros e tamén as dificultades da asociación para dinamizar o comercio local, ofrecéronlle interlocución dentro das súas posibilidades, así como tamén ideas, consellos e recomendacións para mellorar a xestión da entidade, para conseguir financiamento e para solicitar liñas de axudas para a innovación, dixitalización e fórmulas de comercialización.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...