HomePolíticaOs socialistas demandan o arranxo urxente da rúa Diego Pazos de Sarria

Os socialistas demandan o arranxo urxente da rúa Diego Pazos de Sarria

A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero, rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias coas que reclama ao Goberno de Feijóo “que asuma a súa responsabilidade e arranxe de xeito urxente a rúa Diego Pazos en Sarria”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vial de titularidade autonómica atópase nun estado lamentable, segundo o PSOE, o que provoca novamente as queixas veciñais dos seus usuarios e dos comerciantes da vila. Otero sinala na moción rexistrada que “no suposto de que o Goberno de Feijóo non asuma a súa responsabilidade para mellorala, autorice ao Concello de Sarria para facelo. É preciso solucionar o problema do mal estado deste tramo, máis deteriorado, se cabe, coas inclemencias meteorolóxicas destes últimos días, que fixeron practicamente intransitable esta estrada”.

A Voceira de Infraestruturas do Grupo Parlamentario Socialista advirte que “o mal estado do firme pode ocasionar danos aos usuarios desta rúa, e ademais compromete a rede de saneamento que se ve gravemente afectada pola acumulación de saburra e outros residuos derivados do deterioro continuo”.

Patricia Otero afirma que o Goberno de Feijóo “ten que velar e protexer os intereses dos veciños e veciñas, así como dos seus comerciantes, máxime neste momento nos que estes últimos o están a pasar francamente mal pola pandemia da covid-19 e a conseguinte crise económica que está a xerar”.

A Deputada lembra que o PP “ten abandonado esta estrada autonómica que transcorre polo Concello de Sarria, xa que non executa o seu acondicionamento, pero o que é máis grave, tampouco concede o permiso correspondente ao Concello para arranxalo”. Por iso é necesario puntualizar “que os traballos de mellora propostos polo Concello de Sarria xa foron rexeitados en varias ocasións por parte do Goberno de Feijóo”.

Abandono do PP en Sarria

Pola súa banda os responsables do PSOE en Sarria, José Luis Noceda e José Manuel López Torre amosaron a súa preocupación polo abandono de Feijóo coas infraestruturas viarias do Concello. “Os baches e o abandono que sofre esta rúa son un exemplo máis do pouco que lle preocupan os problemas dos sarriáns ao PP”, denuncian.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...