HomeMedio ambiente e PatrimonioO delegado territorial da Xunta visita os montes da Pobra do Brollón...

O delegado territorial da Xunta visita os montes da Pobra do Brollón e o campo de traballo

O campo de traballo internacional desenvólvese durante a primeira quenda de agosto no Castro de San Lourenzo

Publicado o

- Advertisement -

José Manuel Balseiro, delegado territorial da Xunta en Lugo visita os montes de Parada, Couso e Río de Bois e Saa, na Pobra do Brollón, nos que se levan a cabo traballos de acondicionamento da masa forestal. A Consellería do Medio Rural realiza nestes montes obras de mellora nos cortalumes cun investimento de 27.800 euros e estas comunidades de montes recibiron subvencións, que suman 18.000 euros, para acometer labores de limpeza da masa forestal.

Explicou José Manuel Balseiro que a Xunta ten en marcha obras de mellora da rede de cortalumes da provincia de Lugo, intervindo sobre 815 hectáreas e 56 quilómetros de pistas forestais, cun investimento de máis de 721.000 euros. Están próximas a rematarse as actuacións nas comarcas de Lemos, A Fonsagrada e Os Ancares. Os concellos cun maior investimento ao abeiro desta iniciativa son os de Guitiriz, con 122.700 euros para mellorar os cortalumes en 82,5 hectáreas así como 16,6 quilómetros de pistas; Samos, con preto de 92.200 euros para actuar sobre 44 hectáreas e 600 metros de pista; A Fonsagrada, onde se invisten 72.500 euros en 110 hectáreas; e Quiroga, con 71.200 euros para 120 hectáreas.

No concello da Pobra do Brollón a Consellería inviste en total 51.600 euros e actúa sobre 77 hectáreas nos montes xa citados e nos de Balsas e Valdecondes, Chas, Penido e Cazola, e Salgueiriña e Fervedoira.

Visita ao campo de traballo do Castro de San Lourenzo

José Manuel Balseiro aproveitou a visita á Pobra do Brollón para achegarse ao Castro de San Lourenzo onde esta semana inicia actividade o campo de traballo internacional organizado pola Xunta de Galicia. Unha ducia de mozos de entre 19 e 27 anos integran este campo de traballo, os seus países de orixe son Francia, Italia, Taiwan e España. Os participantes colaboran no saneamento deste espazo no que, de xeito paralelo, ten lugar unha campaña de escavación que permite adquirir coñecementos en todo o relativo a arqueoloxía. Tamén desenvolven traballos de limpeza dos camiños de acceso e contorna e colaborarán na organización da Romaría de San Lourenzo que se celebrará os días 10 e 11 de agosto.

Delegación Territorial da Xunta en Lugo / Visita ao Castro de San Lourenzo

O delegado territorial da Xunta en Lugo visitou tamén o campo de traballo Rota do Románico que se desenvolve en Pantón. Neste caso son unha vintena de mozos que se encargan do acondicionamento e limpeza de elementos do románico de Pantón, realizan murais urbanos, tarefas de acompañamento social e elaborarán unha audioguía turística da zona.

28 campos de traballo en Galicia

Galicia conta nesta campaña cun total de 28 campos de traballo nos que os participantes realizan tarefas de tipo medioambiental, arqueolóxicas, de restauración, culturais e patrimoniais, audiovisuais e labores propias da organización dun festival. Os campos de traballo forman parte da Campaña de Verán ‘Vive a túa aventura”, na que se ofertan un total de 9870 prazas, 298 máis que na anterior edición. A Xunta inviste 3,2 millóns de euros –un 8% máis respecto ao orzamento de 2017- neste programa que segue a ser un referente a nivel de todo o Estado, ademais dun recurso de conciliación estival e de lecer educativo.

ÚLTIMAS

L∃EMOS, novo selo de Agrasar Editores que abre a porta a xéneros e voces universais

Desde a súa fundación, Agrasar Editores, foi un piar na preservación e promoción da...

Horario do bus urbano de Monforte os días 5 e 9 de decembro

O Concello de Monforte informa que a empresa de transportes concesionaria do servizo do...

O xulgado arquiva a denuncia por violación grupal nun pub de Sarria

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria decretou...

Este 6 de decembro celébranse os XII Cantos de Taberna da Pobra do Brollón

Todos os grupos pasarán ao longo do serán polos seis bares do municipio: Avenida,...