HomePolíticaO transporte escolar do Courel no Parlamento de Galicia

O transporte escolar do Courel no Parlamento de Galicia

O PSdeG vén de presentar un proxecto non de lei na comisión de educación do Parlamento de Galicia co obxecto de emendar "o desastre que a Xunta está a provocar no Courel por mor dos cambios que suporá a nova licitación dos contratos de transporte escolar."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proposición plantexa a separación do lote no que están incluidas as rutas do concello de Folgoso do Courel, co obxecto de que os taxistas locais poidan concursar, así como o mantemento das seis rutas actuais e a utilización de vehículos pequenos de 7-9 prazas.

Estas son as reclamacións que a Anpa do Courel está a facer para evitar o deterioramento do servizo para os nenos do Courel, e a perda de postos de traballo, tecido empresarial, servizos (taxis) e poboación que suporán os novos contratos de transporte tal e como os plantexa a Xunta de Galicia.

Desde a Anpa sinalan que o Bng votou a favor desta proposición e o Pp en contra, “aludindo a que a súa obriga non é a de atender intereses empresarais particulares, en referencia aos taxistas locais que actualmente ofrecen o servizo.”

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...