HomePolíticaPara cando a pasarela para comunicar O Mazadoiro e Sarria?

Para cando a pasarela para comunicar O Mazadoiro e Sarria?

Esta infraestrutura é unha “demanda histórica” dos veciños e veciñas deste barrio da vila lucense, que levan anos reclamando esta construción para poder salvar a vía do tren que os separa do centro urbano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados nacionais do PSdeG-PSOE pola provincia de Lugo, Ana Prieto Nieto e Javier Cerqueiro González, presentaron no Congreso unha pregunta ao Goberno na que solicitan información sobre a prevista construción do paso elevado para peóns que comunicará o barrio do Mazadoiro co centro urbano de Sarria, salvando deste xeito a vía do tren e permitindo unha correcta comunicación para a veciñanza.

Os citados socialistas indican que se trata dunha “demanda histórica” da veciñanza deste barrio de Sarria, que leva anos reclamado esta construción. Esta infraestrutura tamén é solicitada pola agrupación socialista da vila e foi requerida por parte de diferentes gobernos municipais socialistas. Por todo elo, os deputados Prieto e Cerqueiro decidiron preguntar ao Goberno polo proxecto da pasarela. 

Para Prieto e Cerqueiro esta construción suporá “mellorar a seguridade dos residentes neste barrio da vila”, xa que “poderán salvar as vías da liña ferroviaria sen risco”.

O Mazadoiro é un barrio no que o peche da totalidade da parte frontal da estación de ferrocarril limita e dificulta o acceso dos veciños ao centro da vila. Os deputados citados queren coñecer o orzamento da obra e o calendario de licitación e previsión de execución, para que a curto prazo se inicie e remate a pasarela.

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...

Varios centos de persoas concentráronse en Monforte este 11N

En Monforte varios centos de persoas acudiron este mércores á convocatoria de mobilización que...