HomePolítica"O alcalde non paga nada do concello", aclara Espertamonforte!

“O alcalde non paga nada do concello”, aclara Espertamonforte!

"O alcalde non vai deixar de cobrar as terrazas, o concello é o que vai deixar de cobrar unhas taxas se así o aproba o pleno", insiste Espertamonforte! a raíz da publicación no Facebook do concello anunciando que o alcalde non cobraría as terrazas no primeiro semestre.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Espertamonforte! envía un comunicado no que insiste en que é o concello o que deixaría de cobrar as taxas, pero non a figura do alcalde e denuncian a personalización que se fai do concello de Monforte no alcalde.

“Desde Esperta xa mostramos o noso desacordo co contido xeral desta páxina xa que entendemos que se utiliza de modo propagandístico ao servizo do rexedor e do seu equipo de goberno, pero sufragada con persoal que traballa para o concello, pero este anuncio merece mención a parte e cremos que dito párrafo ten que ser suprimido para non levar a engano a ninguén”; sinala Esperta.

Espertamonforte! aclara que o alcalde non paga nada do concello “nin facturas, nin a luz, nin ningún gasto que veña facturado ao concello, son os impostos dos veciños os que sufragan estes gastos. Non entendemos a onde se quere chegar con estas informacións, pero en democracia cremos que estas actitudes non son de recibo”.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...