HomePolíticaOnde está a participación cidadá no Plan de Ordenación de San Fiz...

Onde está a participación cidadá no Plan de Ordenación de San Fiz de Asma?

O BNG de Chantada bota en falta a participación cidadá na elaboración do borrador do Plan de Ordenación do Medio Físico de San Fiz de Asma.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A finais do pasado mes de xaneiro aprobábase o Informe Ambiental do Plan para a Ordenación do Medio Físico (POMF) da parroquia de San Fiz de Asma. Desde o BNG de Chantada aseguran que mantiveron diferentes contactos con partes implicadas e realizaron consultas de carácter técnico e xurídico de cara a valorar o documento e establecer canles de información coa comunidade local, “a gran esquecida en todo o proceso ata a actualidade,” afirman.

Piden os nacionalistas mobilizar recursos e tratar de ordenar e coidar o territorio, polo que non pode facerse de costas á comunidade local, “Foron as persoas que traballaron a ribeira as que mantiveron a paisaxe e o medio que agora se di protexer e ningún proxecto de conservación poderá ter éxito sen contar con eles.”  Desde o BNG aseguran que usarán todos os seus medios para favorecer a participación real da veciñanza nas fases que faltan ata a de execución e achegar propostas que consideran imprescindibles para o futuro da ribeira, “facer rendible a viticultura, fomentar un aproveitamento agrícola e  turístico sostibles, protexer o patrimonio cultural e histórico da zona ou valorar e coidar o medio ambiente como algo propio son a chave do nosa proposta.”

Desde o BNG pedirán información á Xunta para trasladarlla a toda a comunidade, “unha planificación desta envergadura non se pode facer de costas á comunidade local, dende os despachos”.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...