HomePolíticaO PP de Monforte esixe a Tomé que explique a xestión das...

O PP de Monforte esixe a Tomé que explique a xestión das oposicións a Policía Local

Os populares destacan que o primeiro dato que chamou a atención en distintos sectores, incluídos os sindicais, foi a data elixida, porque a primeira das probas coincidía coas convocadas pola Xunta, por medio da Academia Galega de Seguridade Pública. "As coincidencias existen, pero en política raramente se dan sen intencionalidade", din os populares.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O goberno municipal de Monforte está no candeleiro coas probas convocadas para cubrir prazas de Policía Local. Segundo o PP, “esta vez é por un asunto sobre o que pesa a sombra da sospeita e, por riba de todo, a constatación da incapacidade de xestión do goberno presidido por José Tomé.”

O PP insta ao goberno municipal a dar explicacións aos cidadáns no que a portavoz popular, Katy Varela, considera unha xestión incompetente e frustrante para os cidadáns en xeral, pero especialmente para os aspirantes ás prazas de Policía Local. Varela indica que “houbo quen sacou conclusións que non parecían carecer de sentido e, en todo caso, a sombra da sospeita estivo presente dende o primeiro momento”.

Como era previsible, di a portavoz popular, Katy Varela, foron moi poucos, en relación ao número dos que pagaron as correspondentes taxas, os que se presentaron as probas en Monforte. E parece que só dous pasaron a primeira proba. Varela di: “Tamén neste punto, houbo quen quixo ver como se facía máis pesada a sombra da sospeita ao comprobar quen era un dos dous aspirantes que pasaron a proba”.

Para os populares, o caso das oposicións convocadas polo Concello de Monforte para cubrir prazas de Policía Local é, en opinión de Katy Varela, un verdadeiro escándalo” no que se refire á xestión e, dende máis dun punto de vista, “un fraude á cidadanía”.  Os populares considera que o Concello debe estudar a posibilidade de devolver o importe das taxas aos aspirantes que non se presentaron as probas.

Varela di: “É evidente que os aspirantes confían moito máis na Xunta como administración e, coincidindo as fechas, optaron pola súa convocatoria”. Engade: “É necesario que Tomé dea explicacións sobre este asunto das oposicións á Policía Local, porque hai moitas cousas escuras e os cidadáns teñen dereito a saber”.

ÚLTIMAS

Cuarta xornada de folga nas residencias privadas de maiores e centros de día

Como nas xornadas anteriores, desde a CIG informan que a folga estivo marcada polos...

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos...

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...