HomePolíticaPor Chantada demanda que os Cachóns do Asma sexan declarados ENIL

Por Chantada demanda que os Cachóns do Asma sexan declarados ENIL

No vindeiro pleno Por Chantada defenderá unha moción para declarar espazo natural de interese local os Cachóns do Asma e impulsar medidas a prol da vexetación dos treitos fluviais urbanos, da plantación de froiteiras nos espazos e parques públicos e do impulso da catalogación de árbores senlleiras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Por Chantada asegura que xa nas alegacións ao POMF de San Fiz defenderan unha proposta de actuación para a rexeneración deste espazo natural e a recuperación dos seus elementos patrimoniais. Agora volven a insistir na iniciativa de tomar máis medidas de protección e posta en valor do patrimonio ambiental

Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza recoñece os espazos naturais de interese local (ENIL) como unha das categorías en que se clasifican os espazos naturais protexidos. Segundo Por Chantada esta é a fórmula idónea para unha paraxe ambiental e de alto valor ecolóxico, paisaxístico e patrimonial “que padeceu décadas de esquecemento e abandono por parte do Concello de Chantada.” Esixen tamén que desta vez o proxecto parta e sexa acompañado por unha comisión local aberta á participación cidadá.

Por Chantada demanda que o Concello impulse a catalogación de árbores locais de especial valor e a declaración de árbores senlleiras no caso dos exemplares de maior interese histórico, cultural e ecolóxico. Propoñen que que nos espazos públicos e zonas verdes se planten árbores froiteiras adaptadas ás características dos terreos e que se recupere a vexetación ripícola nos treitos urbanos do río Asma, eliminando especies alóctonas e substituíndoas por autóctones.

 

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...