HomePolíticaO BNG de Quiroga aposta pola dinamización do emprendemento

O BNG de Quiroga aposta pola dinamización do emprendemento

A este respecto consideran que o traballo de xestión do Goberno Municipal ten que ser máis intenso e activo. "A impresión que temos os quirogueses e quiroguesas é que a día de hoxe é insuficiente para atraer empresas e para favorecer a creación de proxectos novos no Val de Quiroga", afirman.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A situación marcada pola Covid19 está poñendo atrancos moi importantes ao desenvolvemento económico. Desde o BNG de Quiroga consideran que “das crises sempre saen oportunidades, e son tempos de afiar a ferramenta, de prepararse para saír da crise nas mellores condicións e con perspectiva de futuro.”

Segundo os nacionalistas, concellos como Quiroga, que dependen das subvencións, teñen que aproveitalas e empregalas para xerar valor e preparar o escenario para atraer empresas e para promover iniciativas de emprendemento dende dentro do propio territorio.

Desde o BNG aseguran que o pasado mes de xaneiro preguntaron por axudas para a mellora de parques empresariais e para a creación de viveiros de empresas e a día de hoxe seguen sen contestación e descoñecendo se chegaron a solicitarse. Para estas cuestións, o BNG lembra que non existe a figura do ‘axente de desenvolvemento local’, que sería importante incorporar porque é a figura que cubre funcións deste tipo.

Así o BNG presenta un rogo no concello solicitando confirmación de se chegaron a solicitarse esas subvencións para a mellora do parque empresarial e para a creación de viveiros de empresas; que se habilite algunha instalación municipal como ‘coworking’ e que se valore o aproveitamento da sala CeMIT (Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) da Casa da Cultura para ofrecer charlas e sesións de asesoramento emprendedor.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...