HomePolíticaCourel Vivo reivindica máis transparencia no concello

Courel Vivo reivindica máis transparencia no concello

Segundo Courel Vivo, Folgoso do Courel é dos concellos menos transparentes da provincia, tendo un portal de transparencia con moi pouca información. Por iso presentan a pleno unha proposta para facer que o concello sexa mais transparente e participativo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Courel Vivo lamenta que a veciñanza do concello non poda acceder a información e a servizos telemáticos que si teñen concellos similares, como ter unha bolsa de emprego aberta todo o ano (non 15 días como agora), con posibilidade de rexistro presencial e rexistro web. “Esta bolsa, téndoa aberta todo o ano, tamén serviría para cubrir a queixa que sempre nos manifesta o equipo de goberno, de que non atopa xente para cubrir algúns servizos do Concello,” sinalan.

A falta de transparencia tamén afecta ós concelleiros que non teñen acceso directo ó rexistro diario, a expedientes, facturas, proxectos… E piden como primeiro paso que lles dean de alta como usuarios para visualizar o rexistro do software de xestión documental que usan a diario no Concello. Amparados pola lexislación vixente e segundo expresa a Sentenza do Tribunal Supremo de 9 de decembro de 1995 (RJ 1995,9252), o dereito dos membros da Corporación Locais á información precisa para o desempeño dos seus cargos que, con carácter básico, recoñece o artigo 77 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local é esencial para o funcionamento democrático das devanditas corporacións e para o seu dereito fundamental da participación nos asuntos públicos que dimana do artigo 23.1 da Constitución Española.

A proposta de Courel Vivo solicita a remisión semanal aos concelleiros que o soliciten, da copia do rexistro xeral de entrada e saída, a realizar a través do programa que se use para tal fin desde o Concello. Piden tamén que o concello traballe no cumprimento da ” Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno”, como están a cumprir outros concellos similares.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...