HomePolíticaPP e Lugo... non perdas o tren non renuncian ás variantes da...

PP e Lugo… non perdas o tren non renuncian ás variantes da liña Ourense-Lugo

O Partido Popular e a plataforma “Lugo... non perdas o tren” acordan non renunciar ás variantes ferroviarias da liña Ourense-Lugo, co fin de que a provincia non quede sen alta velocidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O encontro entre esta plataforma e o PP xorde unha vez que a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, confirmase que o Executivo non ten previsto executar estas variantes. Trátase dunha decisión “unilateral e que bota por terra os compromisos que deixara proxectados Mariano Rajoy, contemplando dúas variantes, que reducirían ata en 23 minutos o percorrido dos 117 quilómetros que separan por tren ambas as dúas capitais, e cuxa construción permitiría aos lucenses aproveitar a conexión do AVE en Ourense e viaxar a Madrid en pouco máis de tres horas e cuarto.”

Os populares continúan así a rolda de contactos para implicar ao tecido socioeconómico da provincia nunha cuestión que consideran de primeira orde. A este respecto, censuran “o atrevemento” do presidente da Deputación, José Tomé, ao cualificar de “esperpento” as reclamacións dos populares. Dende o PP anuncian que trasladaran estas demandas tamén ao organismo provincial, co fin de acadar o apoio de toda a Corporación.

Os populares aseguran que non poden aceptar as escusas da presidenta de Adif e que o seu obxectivo é acadar o consenso para que o Goberno dea marcha atrás e “deixe de recortar servizos aos lucenses.”

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...