HomePolíticaO alcalde de Quiroga explica ao PSOE local o destino dos fondos...

O alcalde de Quiroga explica ao PSOE local o destino dos fondos do Plan Único no concello

O PSOE de Quiroga instaba ao alcalde a incluír as obras do futuro cemiterio municipal dentro dos proxectos do Plan Único. E o alcalde lembra que o Plan Único da Deputación xa está aprobado e tramitado legalmente e todo o que se queira incluír tiña que estar previamente proposto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Julio Álvarez siñala que o 50% deste plan ten que destinarse a outros programas que non sexan de infraestruturas, como son o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e emprego, e do outro 50% o 60% ten que destinarse á reparación de vías públicas, “quedan só calderillas se temos en conta que a construción e dotación do cemiterio municipal son 650.000 euros.”

O alcalde considera á agrupación local do PSOE, “escudeiros do presidente da Deputación, que non se enteran e falan de oídas, matizaban que o concello ten autonomía para poder distribuír o orzamento do Plan único nas prioridades que considere oportunas e que o novo cemiterio é unha prioridade”. E o alcalde matiza que tamén son prioritarias as melloras de auga, ou formigonado e asfaltado de rúas e camiños, a reparación e mellora de infraestruturas así como o acondicionamento e mellora de accesos municipais aos que se destina a cantidade concedida. 

Os concelleiros do PSOE local sosteñen que o goberno da Deputación recibiu e escoitou as demandas do Concello de Quiroga. Afirmación que o alcalde de Quiroga cualifica de “mentira”, posto que leva dende o 2019 agardando para entrevistarse con José Tomé.

Julio Álvarez afirma que “é obriga moral de José Tomé como presidente da Deputación Provincial recibir ao alcalde do terceiro municipio do partido xudicial”, e aconséllalle “que perda menos tempo repartido máscaras e que se preocupe de atender aos alcaldes da provincia, entre eles o alcalde de Quiroga”.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...